O Teatro Principal encherase este domingo de historias orais coa final de 'Bótalle un conto'
Por Redacción
O Teatro Principal acollerá este domingo, 26 de maio, a partir das 19 horas, a final de 'Bótalle un conto'. A entrada será de balde.
Logo de once días de gravacións polos distintos centros sociais das parroquias e da cidade, o programa municipal chega ao seu fin, logrando contar cun total de 50 participantes durante todas as sesións. Son 45 mulleres e 5 homes de entre 27 e 93 anos. Dez destas persoas estarán na final.
As participantes na final deste domingo teñen entre 42 e 88 anos, e son de Santa María de Xeve, Verducido, Salcedo, Cerponzóns, Ponte Sampaio, Bora, Mourente, Marcón e do centro da cidade.
Contarán historias de vida, anécdotas e temas diversos.
A gala estará conducida por Mar García Vendrell e José Pintos Alsina. Ademais, contará coa colaboración de Celso Fernández Sanmartín.
Cómpre lembrar que 'Bótalle un conto' naceu no ano 2022, impulsado polo Concello de Pontevedra como un certame de contos orais relatados por persoas non profesionais. Esta iniciativa de normalización lingüística busca prestixiar e facer visibles ás persoas galegofalantes de Pontevedra, promover a participación interxeracional e a cohesión entre os distintos territorios do concello, poñer en valor os nosos trazos dialectais, visibilizar a variedade e a viveza das falas pontevedresas e mostrar a habilidade para emocionar e engaiolar desde a nosa lingua.
A actividade incide no uso do idioma e na percepción da utilidade da lingua tanto das persoas que participan contando como do público que asiste, xa que apodera as falas locais.
Relacionadas:
-
Relatos de gran emoción reinan en 'Bótalle un conto'
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |
-
Migallas Teatro convida a reflexionar sobre o presente e o futuro da lingua con 'Falemos como galegas'
Por Redacción |
-
As letras galegas florecen en cada recuncho da Boa Vila este mes de maio
Por Oskar Viéitez |
-
Pontevedra volve buscar contadores de historias que lle "boten un conto" á vida
Por Redacción |