Pontevedra volve buscar contadores de historias que lle "boten un conto" á vida
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Se tes talento para contar contos e historias hai un certame que está esperando por ti. O Concello vén de activar unha nova edición de "Bótalle un conto", un concurso que busca os mellores contadores de historias que viven en Pontevedra.
O edil da área de normalización lingüística, Demetrio Gómez, explicou que o certame está pensado para "esas persoas que logo de comer conta algo que faga rir, que nos meta o medo no corpo ou que, simplemente, quedemos alí pegados escoitando".
O proceso de inscrición xa está aberto a través da páxina oficial do Concello de Pontevedra e do teléfono 651 720 350, en horario de nove da mañá a dúas da tarde.
Como é habitual, "Bótalle un conto" conta cun camiño de participación concreto, onde logo da inscrición chegará o momento de contar e ser gravado nos diferentes locais sociais da cidade e das parroquias entre abril e maio.
Se o xurado especialista valora como gañador o relato en cuestión, todos os contos seleccionados participarán na final do domingo 26 de maio no Teatro Principal.
O gañador ou gañadora deste certame obterá unha cea para dúas persoas no restaurante Eirado da Leña de Pontevedra. Os outros tres contos mellor situados e votados tamén terán a posibilidade de cear en distintos establecementos pontevedreses.
Como novidade, como explicaron desde a organización do evento, este ano tamén a rapazada dos institutos poderán "botar un conto", polo que se está a traballar cos departamentos de lingua galega dos diferentes institutos da cidade para promocionar o certame.
Relacionadas:
-
Relatos de gran emoción reinan en 'Bótalle un conto'
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |
-
O Teatro Principal encherase este domingo de historias orais coa final de 'Bótalle un conto'
Por Redacción |
-
Unha obra de monicreques para falar cos escolares sobre os cambios na estrutura familiar
Por Redacción |