![Conversas na Ferrería #18: Novas formas de dar a luz](/radio/cache/scene/uploads/radio_emisions/foto/e3a/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSzUqrKz891Lsov0DE1Nd_/_UxNjZWsq4FAA==_/5799cbb814-20160727-patxot-conversas-matronas-radio-957.jpg)
Conversas na Ferrería #18: Novas formas de dar a luz
Xov | 21:00 | 21:33
Este 2016 e o pasado 2015 o Ministerio de Sanidade premiou os procedementos que segue o equipo de Obstetricia do Hospital do Salnés e incluíunas na súa guía de boas prácticas. O seu obxectivo é que o momento do parto sexa o máis normalizado e natural posible. María González e Inés Blanco contan nestas Conversas na Ferrería como é este traballo que realizan. Unhas matronas que rompen antigos estereotipos.