Conversas na Ferrería #46: Baixada do IVE nos espectáculos taurinos
Xov | 21:00 | 21:48
O 31 de marzo o Consello de Ministros aprobaba a rebaixa do 21 ao 10% no IVE cultural de espectáculos en vivo. Esa xornada no pleno da Deputación aprobábase por unanimidade unha moción instando a rexeitar esa rebaixa para os espectáculos taurinos. En estas Conversas na Ferrería preguntamos por esta controversia ao deputado popular Luís Aragunde (e ante o contratempo de saúde que impediu a asistencia a Angel Moldes); ao concelleiro do PP no concello pontevedrés, César Abal - tamén membro da peña taurina Once-; e a dous responsables da Coordinadora de Peñas Taurinas de Pontevedra: José Vicente Martín, o seu tesoureiro; e Juan Riveiro, o seu presidente.