
Conversas na Ferrería #24: Ensinanzas artísticas
Xov | 21:00 | 21:22
O sistema educativo progresivamente relega as ensinanzas artísticas. En Pontevedra, desde a iniciativa privada, xurdiu unha "escola de artes". Leva por nome Bonobo e está integrada por músicos, actrices, guionistas, fotógrafos e debuxantes. Un grupo de mozos que se propón descubrir, ensinar e fomentar esas posibilidades creativas con moito entusiasmo. Gonzalo Maceira, Rocío Romero e Violeta Mosquera, acompáñannos nestas Conversas na Ferrería.