Conversas na Ferrería #225: Feira da Peregrina 2023 (II)

Conversas na Ferrería #225: Feira da Peregrina 2023 (II)

Ven | 18:00 | 19:00

Chequeamos con afeccionados locais como chegan esta tempada ao coso pontevedrés os tourerios e ganderías acarteladas para a Feira taurina da Peregrina 2023. Comeza este domingo 6 de agosto con hastados do ferro de Alcurrucén para Sebastián Castella, Andrés Roca Rey e Tomás Rufo. Participan no faladoiro Raúl MartínezAlejandro CalvoJosé Maquieira (xestor da web Taurophilos)  e Juan Riveiro (presidente da Coordinadora de Penas Taurinas de Pontevedra). 

Durante a charla, miran tamén ao segundo e último festexo da Feira, que será o seguinte domingo, 13 de agosto, e que será a última - en principio -, ocasión para ver a Julián López 'El Juli' nos ruedos, tras anunciar o pasado 27 de xullo a súa retirada "indefinida". Engádese a presenza de Morante de Puebla e José María Manzanares cos touros do ferro gaditano de Santiago Domecq.

Foto: Mónica Patxot

Conversas na Ferrería

 Todo é susceptible de charla. Ti tamén podes ser parte

RADIO.- Preparados para o primeiro domingo de Feira

Por |

As 'Conversas na Ferrería' de PontevedraViva Radio volven reunir a afeccionados taurinos locais para chequear como chegan os toureiros e ganderías acarteladas para a Feira taurina da Peregrina que celebrará o seu primeiro festexo este domingo 6 de agosto

Conversas na Ferrería #78 Contra os micromachismos

Xov | 21:00 | 21:50

Noemí Blas é presidenta da escuadra feminina  Buxa Motor Poio. Mar Piñeiro é xerente de Autocares Viuda e Cándido. Silvia García é decana de la Facultad de Bellas Artes.  Ana Belén Rial traballa na empresa Ferrovial - Cespa Servicios.

Descargar
Conversas na Ferrería #78 Contra os micromachismos

Conversas na Ferrería #77: Quince anos do Prestige

Xov | 21:00 | 22:03

As Conversas na Ferrería miraron esta semana aos 15 anos que se cumpren estes días do naufraxio e posterior afundimento do Prestige, dando lugar á catástrofe ambiental que provocaron as miles de toneladas que albergaba nas súas adegas.

Descargar
Conversas na Ferrería #77: Quince anos do Prestige

Conversas na Ferrería #39: Maternidade subrogada

Xov | 21:00 | 22:00

Conversas na Ferrería reúne cinco perspectivas sobre a maternidade subrogada: unha empresa que pon en contacto parellas e clínicas médicas; un xinecólogo, unha feminista, un pai adoptante e unha antropóloga experta en reprodución, adopción e subrogación.

Descargar
Conversas na Ferrería #39: Maternidade subrogada

Conversas na Ferrería #32: Inhalar cloretilo non é un xogo

Xov | 21:00 | 21:45

O cloruro de etilo é un composto que levan diversos "sprays fríos" que se utilizan en mediciña deportiva como anestésico local tras unha lesión. Detectouse en farmacias de Pontevedra que estes medicamentos rexistraron un aumento de demanda, por parte dos mozos, que os utilizan como sustancia dopante inhalándoos.

Descargar
Conversas na Ferrería #32: Inhalar cloretilo non é un xogo

Conversas na Ferrería #11: Perspectivas do sector turístico

Xov | 21:00 | 21:43

As previsións para o sector turístico en Pontevedra e por extensión en Galicia, avanzan un bo verán para o sector. Chequeamos con tres representantes do  mesmo estas perspectivas, así como os avances conseguidos e retos pendentes no turismo e a hostalería de Pontevedra.

Descargar
Conversas na Ferrería #11: Perspectivas do sector turístico
Fechar