![Conversas na Ferrería #167: Coñeces a esvástica?](/radio/cache/scene/uploads/radio_emisions/foto/88f/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSzUqrKz891Lsov0DE1Nd_/_UxNjZWsq4FAA==_/5dde54ed17-5dd6d33523-esvasticas-000.jpg)
Conversas na Ferrería #167: Coñeces a esvástica?
Xov | 21:00 | 22:14
Posiblemente poucos signos haxa cunha forza simbólica tan contundente como a cruz gamada, a esvástica. E posiblemente o coñecemento e significado que se ten da mesma circunscríbese a un capítulo execrable da Historia. Traemos o libro ' Hakenkrenz, gammadion, swastika' do Doutor en Antropoloxía e Ciencias da Relixión, José Luis Cardero. Un traballo que editou Ab Origine, da que tamén está presente Valentín García Bóveda. Xunto a eles, Luís Alonso Álvarez, Doutor e Catedrático de Historia da Universidade da Coruña.