
Conversas na Ferrería #157: Trece Amarillo
Xov | 21:00 | 21:27
Diego Santaclara Ferradás e Diego Muñoz Barcia son 'Trece Amarillo'. Primeiro como produción musical e logo tamén realización de vídeo e fotografía. Desde Marín fan proxectos para todo tipo de eventos, públicos, privados, institucionais e aínda lles quedou tempo para sacar adiante propostas saídas da súa creatividade, como Life ou Savia Nova.
Ademais de festivais, fixeron videoclips de Satxa, Rave Swone, Basti, Mek ou Tanxugueiras, levan o selo de Trece Amarillo. Punk, metal, rap, trap, folk... Falamos tamén do sector audiovisual no que se moven e de emprendemento.