Convesas na Ferrería #178: Mozas de +60

Convesas na Ferrería #178: Mozas de +60

Xov | 21:00 | 21:59

Se sumamos idades nestas Conversas na Ferrería seguramente resultaría a cifra máis elevada das mantidas. Pero, con toda seguridade, congregamos ás almas máis novas que pasaron polo programa.Aproveitando a iniciativa que Afundación e a Fundación Xeral CSIC están a ofrecer este mes de marzo co título 'A vivir que son cen anos' para abordar o envellecemento saudable e a lonxevidade convidamos ás Conversas na Ferrería a catro das usuarias do Espazo +60 Afundación de Pontevedra.

 Fidelina Gómez Rancaño foi funcionaria administrativa e participa en actividades de inglés, pilates e pandeireta. Pepy González Clavijo foi mestra, segue sendo escritora e acode ao centro +60 para as participar en gimnansia e exercer de voluntaria no programa Falamos da Escola. María del Carmen González Lantaño tamén foi mestra e é voluntaria do programa Fálame da Emigración e monitoria voluntaria de conversación en inglés. Completa a charla Pilar Braga Crespo, que estudou Maxisterio e conta que "me falta moitísimo para xubilarme" xa que segue atendendo á súa familia.

Conversas na Ferrería

Xoves ás 21.00 horas

 Todo é susceptible de charla. Ti tamén podes ser parte

Conversas na Ferrería #78 Contra os micromachismos

Xov | 21:00 | 21:50

Noemí Blas é presidenta da escuadra feminina  Buxa Motor Poio. Mar Piñeiro é xerente de Autocares Viuda e Cándido. Silvia García é decana de la Facultad de Bellas Artes.  Ana Belén Rial traballa na empresa Ferrovial - Cespa Servicios.

Descargar
Conversas na Ferrería #78 Contra os micromachismos

Conversas na Ferrería #77: Quince anos do Prestige

Xov | 21:00 | 22:03

As Conversas na Ferrería miraron esta semana aos 15 anos que se cumpren estes días do naufraxio e posterior afundimento do Prestige, dando lugar á catástrofe ambiental que provocaron as miles de toneladas que albergaba nas súas adegas.

Descargar
Conversas na Ferrería #77: Quince anos do Prestige

Conversas na Ferrería #39: Maternidade subrogada

Xov | 21:00 | 22:00

Conversas na Ferrería reúne cinco perspectivas sobre a maternidade subrogada: unha empresa que pon en contacto parellas e clínicas médicas; un xinecólogo, unha feminista, un pai adoptante e unha antropóloga experta en reprodución, adopción e subrogación.

Descargar
Conversas na Ferrería #39: Maternidade subrogada

Conversas na Ferrería #32: Inhalar cloretilo non é un xogo

Xov | 21:00 | 21:45

O cloruro de etilo é un composto que levan diversos "sprays fríos" que se utilizan en mediciña deportiva como anestésico local tras unha lesión. Detectouse en farmacias de Pontevedra que estes medicamentos rexistraron un aumento de demanda, por parte dos mozos, que os utilizan como sustancia dopante inhalándoos.

Descargar
Conversas na Ferrería #32: Inhalar cloretilo non é un xogo

Conversas na Ferrería #11: Perspectivas do sector turístico

Xov | 21:00 | 21:43

As previsións para o sector turístico en Pontevedra e por extensión en Galicia, avanzan un bo verán para o sector. Chequeamos con tres representantes do  mesmo estas perspectivas, así como os avances conseguidos e retos pendentes no turismo e a hostalería de Pontevedra.

Descargar
Conversas na Ferrería #11: Perspectivas do sector turístico
Fechar