![Conversas na Ferrería #176: Asociación Recreativa de Xeve e Amoriños de Bora](/radio/cache/scene/uploads/radio_emisions/foto/946/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSzUqrKz891Lsov0DE1Nd_/_UxNjZWsq4FAA==_/5e500e566d-5e4d60b6bb-20200219-saiz-poviva-radio-conversas-asoc-xeve-amorinos-0015.jpg)
Conversas na Ferrería #176: Asociación Recreativa de Xeve e Amoriños de Bora
Xov | 21:00 | 21:41
Entramos no entroido e miramos cara a estas citas festivas e os seus protagonistas. Florencio Chantrero e Rosa Filgueira son membros da Asociación Recreativa de Xeve, colectivo que este venres 21 encargarase de ofrecer o pregón e que preservan a reiterada pregunta que todos nos facemos por estas datas: que disfrace elixiría Ravachol para gozar destas festas?. Nesta primeira convocatoria do entroido tamén estará Amoriños de Bora para recibir unha homenaxe ante o que será o seu último ano como comparsa. Acompáñannos Manolo e Borja Corbacho e Nuria Paz.