
Conversas na Ferrería #172: Laroá
Xov | 21:00 | 21:37
Laroá é un grupo de pontevedreses de orixe e de adopción. 'Proxeccións' é o nome do seu traballo discográfico que ten potentes colaboracións como as de Kepa Junkera, o pontevedrés Gabriel Peso, Davide Salvado e Jaime Rebollo. #Camiños o nome da súa xira para este 2020 na que non ofrecen un concerto ao uso, amalgaman outras disciplinas artísticas como a danza ou a videocreación.
No estudo temos a Miguel Fraguas, Franc Gorriz e Diana Tarín. Completan Laroá, Javi 'Ddjazz', Antonio Monano, Laura 'Taka', Anaís Barbier e Juan Cella.