
Conversas na Ferrería #139: O voluntariado do ITU
Xov | 21:00 | 21:29
Miguel Balea, asume a dirección do voluntariado para os Mundiais de Tríatlon xunto a Teresa Blanco; a Esther Portela que coordina o ámbito de comunicación e prensa e Óscar Ponte que coordina loxística seguridade na auga e voluntariado.
Miguel é o que atesoura experiencia en diversos eventos que foi albergando Pontevedra. Anos de currículo tras os que xa fala de necesidade dunha "substitución xeracional" e que "a familia tamén o reclama" engade. Óscar é estudante, presidente do Club Escola de Piragüismo Pontevedra e colabora na iniciativa desde fai catro meses. "Isto quítache moito tempo pero achega a gratificación de vivir en primeira persoa un evento así", di. A terceira invitada, Esther, fala de satisfacción e "unha honra que me deixen participar no Mundial porque me encanta aprender. Ademais, despois de 26 anos fóra de Pontevedra está a permitirme achegarme á cidade e devolverlle o que vivín fóra".