![Conversas na Ferrería #160: TNT Band](/radio/cache/scene/uploads/radio_emisions/foto/3d0/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSzUqrKz891Lsov0DE1Nd_/_UxNjZWsq4FAA==_/5d9cbe827f-20191008-saiz-radio-conversas-tnt-0001.jpg)
Conversas na Ferrería #160: TNT Band
Xov | 21:00 | 21:48
Iñaki Fernández, Carlos Galbán e Luís Jiménez tiñan trece, catorce, anos cando o festival de fin de curso do Instituto Castro Alobre de Vilagarcía de Arousa sóubolles a pouco e decidiron formar unha banda de rock and roll. O trío pasou a ser cuarteto coa incorporación de Manuel Esperón e ata a actualidade aínda houbo un cambio máis; Sergio di Natale substituíu a Luís na batería. Eles catro, a menos dun ano da maioría de idade, seguen sendo TNT Band e desde o verán de 2018 'Parte colectivo' o seu primeiro CD editado.