
Conversas na Ferrería #15: Convivencia nas praias
Xov | 21:00 | 22:45
Entrados no verán miramos ás praias. Falamos de tolerancia e convivencia ante a presenza ou ausencia de cans; de areais libres de fume; de atención e cumprimento ás recomendacións dos socorristas; de respecto ambiental, de praias téxtiles e nudistas...e outras tantas situacións máis que cada ano se repiten. Charlamos con Marcos Fandiño, patrón das embarcacións de salvamento e socorrista; con Victor Sariego, xornalista e ex presidente da Protectora Palleiros de Pontevedra; e con Alfonso Fernández, tamén xornalista e como o resto, usuario das praias.