
Conversas na Ferrería #205: Xestión de emocións para vivir mellor
Mér | 19:00 | 19:42
Pura Díaz-Veiga é licenciada en Psicoloxía, ha traballo na docencia, a investigación ou para entidades como a ONCE e é autora de decenas de publicacións. Formou parte da directiva da Sociedade Española de Xeriatría e Xerontoloxía.
Sara Marsillas é doutora en Psicoloxía, máster en Psicoloxía das Organizacións e Psicoloxía Xurídico Forense e de Intervención Social. Traballou en proxectos de envellecemento activo e de uso de novas tecnoloxías por maiores; así como métodos de co-creación como 'design thinking'. Ambas forman parte do Instituto Matia que colabora co programa dos espazos +60 de Afundación.
Con elas falamos sobre a importancia de identificar e xestionar as emocións para lograr unha mellor saúde emocional e física.