Conversas na Ferrería #174: Alumnos do Colexio Froebel
Xov | 21:00 | 21:25
A redacción de PontevedraViva e o estudo de PontevedraViva Radio recibían esta semana a visita de alumnos de quinto curso de Primaria do CEIP Froebel desta capital. Tratábase dunha actividade complementaria aos contidos que están a aprender sobre medios de comunicación.
Neste caso puideron coñecer en primeira persoa que é un xornal dixital e tamén unha emisora online, poñéndose ademais diante dos micrófonos por primeira vez.