
Conversas na Ferrería #33: Que facemos cos excesos do Nadal?
Xov | 21:00 | 21:45
Nestas primeiras Conversas na Ferrería de 2017 charlamos sobre estas habituais estampas ao redor dunha mesa e engadimos ademais os consellos da nutricionista Marta Samartín para depurar o organismo e recuperar uns hábitos máis saudables. Carmen Díaz, Pilar Boullosa, Laura Pego e Laura Rodríguez comparten nos micrófonos de PontevedraViva Radio como foron estas festas, como expoñen "reaxustar" excesos e tamén fan algún que outro saudable propósito de ano novo. Unha charla amena e didáctica para comezar o ano.