
Conversas na Ferrería #124: Noites de música en Novos Cinemas
Xov | 21:00 | 21:30
A terceira edición de Novos Cinemas vén acompañada de noites musicais. A do venres será unha velada para o underground pontevedrés. Charlamos coas tres bandas.
Isaak Abonjo é batería de Glitter & Litter, un trío cuns dous anos de andaina, que fan 'low cost rock' N roll'. O público pontevedrés tivo ocasión de velos e escoitalos o pasado agosto nos concertos da Praza de España, xa que telonearon a Rosendo. Tamén un trío compón Trompas de Farlopio; para esta formación punk será a súa presentación na cidade. Estiveron dous dos seus integrantes: Lúa Sálamo, batería, e Iván, baixista e voz. Completando a proposta da noite do venres estarán Pantano. Un cuarteto que fai garaxe-rock, cun primeiro EP editado e que sacarán o seu primeiro LP para o ano próximo, como avanza Charlie, baixista.