Conversas na Ferrería #138: Estudantes de Medicina 'virales'
Xov | 21:00 | 21:17
Miguel Díaz cursa Sexto de Medicina e a súa primeira experiencia na dirección e montaxe audiovisual resultou viral. Paula Sobral pertence á mesma Promoción e evidencia que teñen sobradas calidades musicais nos vídeos que compuxo e interpretou para a Gala dos Oscar de Medicina que celebran os alumnos da Facultade compostelá. Almudena Dapena, a terceira moza pontevedresa nesta mesa de PontevedraViva Radio, tivo o olfacto xornalístico para que transcendesen as miles de visitas en YouTube do traballo, "que en ton humorístico e non crítico", fixeran estes estudantes.