![Conversas na Ferrería #170: As receitas das avoas e o CIFP Carlos Oroza](/radio/cache/scene/uploads/radio_emisions/foto/cc5/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSzUqrKz891Lsov0DE1Nd_/_UxNjZWsq4FAA==_/5e17312533-5e17115fa4-20200109-saiz-poviva-radio-carlos-oroza-recetas-abuela-0009.jpg)
Conversas na Ferrería #170: As receitas das avoas e o CIFP Carlos Oroza
Xov | 21:00 | 21:30
O pasado verán, catro xornalistas gastronómicas: Ana Vega - Premio Nacional de Gastronomía -, Helena Vaello, Gabriela Lendo e Carmen Alcaraz decidiron promover a recompilación do receitario español. Esas antigas receitas que as xeracións de maior idade, tiñan escritas ou tiñan aprendidas e levaban aos fogóns. Unha idea á que chamaron Los Recetarios.
O profesor de Cociña e Pastelería do CIFP Carlos Oroza, Ricardo Fernández Guerra, ao coñecer o proxecto non dubidou en levalo á súa aula. Cinco alumnos de forma voluntaria recolleron a testemuña e mergulláronse nas tradicións culinarias familiares, do mesmo xeito que o propio profesor. Comparten a súa experiencia: Lara Sanmartín Rodríguez, Claudia Espinel Castrillón e Aitor Martínez Blanco, alumnos de Segundo de Dirección de Cociña.