Conversas na Ferrería #203: Día da Muller e a Nena na Ciencia

Conversas na Ferrería #203: Día da Muller e a Nena na Ciencia

Xov | 18:30 | 18:51

Carmela Cela Rodríguez é unha nova bioquímica galega. Traballa como investigadora predoctoral no Centro de Bioloxía Molecular Severo Ochoa de Madridpertencente ao CSIC. Ademais desenvolve unha faceta divulgadora a través da canle de Youtube 'Ciencia con Carmen' xunto a outras dúas mulleres científicas e en Twitch con 'Ecos de xigantes' onde divulgan en lingua galega.

Falamos con ela con motivo da celebración este venres 11 de febreiro do Día da Muller e a Nena na Ciencia  e da súa participación nas actividades que o Concello de Pontevedra en colaboración con GCiencia organizaron con tal motivo. Ademais contamos con outras dúas invitadas no estudo, Claudia Veiras Trotiño e Julia Martínez Losada, que traen o seus respectivos micro relatos premiados no concurso 'A muller e a nena na Ciencia'. E Carmen Portela Medrano, terceiro premio no concurso, tamén compartíu o seu relato 'Empeño e ambición fan os soños realidade'.

Conversas na Ferrería

Sábado ás 12.00 horas

 Todo é susceptible de charla. Ti tamén podes ser parte

RADIO.- As 'Conversas na Ferrería' falan de ciencia en feminino

Por |

Este 11 de febreiro conmemórase o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Con tal motivo PontevedraViva Radio convida a tres das protagonistas que participarán na programación prevista polo Concello de Pontevedra e GCiencia

Conversas na Ferrería #78 Contra os micromachismos

Xov | 21:00 | 21:50

Noemí Blas é presidenta da escuadra feminina  Buxa Motor Poio. Mar Piñeiro é xerente de Autocares Viuda e Cándido. Silvia García é decana de la Facultad de Bellas Artes.  Ana Belén Rial traballa na empresa Ferrovial - Cespa Servicios.

Descargar
Conversas na Ferrería #78 Contra os micromachismos

Conversas na Ferrería #77: Quince anos do Prestige

Xov | 21:00 | 22:03

As Conversas na Ferrería miraron esta semana aos 15 anos que se cumpren estes días do naufraxio e posterior afundimento do Prestige, dando lugar á catástrofe ambiental que provocaron as miles de toneladas que albergaba nas súas adegas.

Descargar
Conversas na Ferrería #77: Quince anos do Prestige

Conversas na Ferrería #39: Maternidade subrogada

Xov | 21:00 | 22:00

Conversas na Ferrería reúne cinco perspectivas sobre a maternidade subrogada: unha empresa que pon en contacto parellas e clínicas médicas; un xinecólogo, unha feminista, un pai adoptante e unha antropóloga experta en reprodución, adopción e subrogación.

Descargar
Conversas na Ferrería #39: Maternidade subrogada

Conversas na Ferrería #32: Inhalar cloretilo non é un xogo

Xov | 21:00 | 21:45

O cloruro de etilo é un composto que levan diversos "sprays fríos" que se utilizan en mediciña deportiva como anestésico local tras unha lesión. Detectouse en farmacias de Pontevedra que estes medicamentos rexistraron un aumento de demanda, por parte dos mozos, que os utilizan como sustancia dopante inhalándoos.

Descargar
Conversas na Ferrería #32: Inhalar cloretilo non é un xogo

Conversas na Ferrería #11: Perspectivas do sector turístico

Xov | 21:00 | 21:43

As previsións para o sector turístico en Pontevedra e por extensión en Galicia, avanzan un bo verán para o sector. Chequeamos con tres representantes do  mesmo estas perspectivas, así como os avances conseguidos e retos pendentes no turismo e a hostalería de Pontevedra.

Descargar
Conversas na Ferrería #11: Perspectivas do sector turístico
Fechar