Carne Cruda #296
Mér | 10:00 | 11:08
Cando se cumpren 4 anos do colapso do Rana Plaza, a maior traxedia téxtil que sepultou a máis de mil persoas, viaxamos ao Parlamento Europeo para facer un programa especial desde alí e saber que medidas están a tomarse para garantir que a roupa que levamos se fabríque sen violar os dereitos humanos. Entrevistaremos Lola Sánchez (eurodeputada de Podemos en Europa) e Arne Lietz (eurodeputado socialista alemán, SPD) que acaban de presentar unha iniciativa que esixe o cumprimento dos dereitos humanos no sector téxtil. E coñeceremos a situación na que traballan en países como India grazas a Aruna Jayaram que traballa sobre o terreo para Human Right Watch.