
Carne Cruda #290
Mar | 10:00 | 11:04
Esta semana sacamos de procesión aos nosos deuses: O pasado mes morría o creador do rock. Chuck Berry inventou unha linguaxe que non existía, é o paradigma de rockeiro, o molde do que logo saíron Keith Richards, Jimi Hendrix ou Springsteen. John Lennon dixo que se rock and roll non se chamase rock and roll, tería que chamarse Chuck Berry. Amén.
Celebramos estas datas de paixón demostrando a nosa devoción polo pai do rock and roll, a música demoníaca que celebra a vida e a carne, que é moito mellor que celebrar o calvario e a dor. Que mellor Planazo que render pleitesía a Chuck Berry, aínda que para iso teñamos que aguantar ao Sr. Sanabria como penitencia.