
Carne Cruda #456
Mér | 10:00 | 11:24
Cumprimos 10 anos, dez! Cinco deles, fóra dos grandes medios deste país e financiados pola nosa audiencia. Por iso queremos celebrar o noso 10º aniversario coa xente que fixo posible este programa ao contraxeito. E arrancamos esta tempada tan especial desde Bueu onde nos montaremos un programa de película onde falaremos de historia, música e moito cinema.
Contaremos con Carlos Babío coautor de 'Meirás. Un pazo, un caudillo, un espolio'. Entrevistaremos a Sountroop, quizá o nome non che soa pero soaranche as películas para as que crearon efectos sonoros: 'Tarde para a Ira', 'Insidious', ou a gañadora ao Goya por Mellor Son: 'Verónica'. O director do FICBUEU, Manuel Pena contaranos en que consiste a escola de cinema itinerante e o tremendos Triángulo de Amor Bizarro poñerán en directo a banda sonora orixinal.