Carne Cruda 28set2020
Lun | 10:00 | 11:05
Carne Cruda segue presentando seccións. Este luns é a quenda de Salvaxe, coa que cada mes pretende facer un percorrido pola España rural coa redactora xefa da revista de mesmo nome, Annabel Roda; coa xornalista Analía Praza e coa alcaldesa de San Pelayo, Valladolid, Virginia Hernández.
A segunda estrea é o de Cábalas para reflexionar sobre música, arte ou actualidade coa cantaora Maria José Llergo. E ATENCIÓN porque estarán tamén Los Bravú, a parella de artistas formada por Dea Gómez e Diego Omil, residentes en Marín.