Carne Cruda #182
Xov | 12:00 | 13:19
Quen conduce a nave das finanzas? Tomáronse medidas tras o colapso global do sistema financeiro? Onde e por que nos agarda outro colapso inminente? Joris Luyendijk é un antropólogo e xornalista que non sabía nada da banca ata que o diario inglés The Guardian encargoulle explorar as augas do diñeiro e, así, arroxouse sen medo ao tanque das quenllas financeiras.
Dous anos despois emerxeu con este libro Entre tiburones (Una temporada en el infierno de las finanzas), que inclúe máis de duascentas entrevistas con traballadores en activo da City londiniense: executivos e secretarias, axentes de bolsa, especuladores, informáticos, contables e relacións públicas.
Do inferno das finanzas ao inferno no medio do deserto que viven os saharauís, refuxiados que esperan en Alxeria desde hai máis de 40 anos a resolución dun conflito aberto. Desde alí chega Aziza Brahim, voz da súa xeración e xusta herdeira de Mariem Hassan.
Presentará en directo o seu novo disco Abbar o Hamada, (A través del desierto) no que denuncia a inxustiza que sofre o seu pobo.