Carne Cruda #160
Mér | 12:00 | 13:10
Especial neurociencia cos amigos de Hoja de Router, o que vén significar, xa sabedes, que imos facelo coma se estivésemos no futuro, dentro de cinco ou dez anos. A tecnoloxía e a nosa mente están a facer boas faragullas, e os froitos da súa amizade son verdadeiramente fascinantes.
Entrevista con Luís Montesano, profesor de robótica da Universidade de Zaragoza que traballou con equipos europeos de investigación para desenvolver este tipo de tecnoloxía coa que mover prótese coa mente. Prótese que se controlan co pensamento, videoxogos que se manexan sen mando, a base de darlle á cabeza, e ata espionaxe mental: a ciencia de roubar segredos do teu cerebro sen que te decates.