
Carne Cruda #548
Mar | 10:00 | 11:20
Carne Cruda entrevista a David Jiménez, o ex director do Mundo e autor do libro 'El Director', editado por Libros del KO. Coñecemos a fondo a redacción dun dos grandes medios deste país e como son as presións que sofren por parte do poder económico e político. Da independencia ou non da prensa e da influencia das Cloacas do Estado na información que se publica falaremos nesta entrevista.
O programa complétase coa sección Notas de Campo da poeta e veterinaria María Sánchez. Fala a situación das xornaleiras en Huelva da man de Ana, que desde os 16 anos traballa nas diferentes campañas do froito vermello, uva, oliva, laranxa… e viu nestes 16 anos como a xente que traballa a terra foi perdendo aos poucos todos os dereitos ata perder incluso a dignidade.