Carne Cruda 05mai2022
Xov | 10:00 | 11:03
A Axencia Europea da Garda de Fronteiras e Costas, Frontex, é a axencia con máis orzamento da Unión Europea. Creouse en 2004 para axudar a protexer Schengen, o espazo de libre circulación da Unión Europea, pero malgasto, ineficacia, opacidade ou impunidade cuestionan a súa xestión. Analízana con Gonzalo Fanjul, director de PorCausa; Luisa Izuzquiza, investigadora de Frag Dean Staat que logrou sentar a Frontex ante a xustiza europea por falta de transparencia e con Gil Arias, ex director adxunto de Frontex.
Falan tamén con Idoia Moreno, ex enfermeira xefe da clínica de Médicos Sen Fronteiras no campo de refuxiados de Moria, Lesbos, para coñecer as consecuencias destas políticas migratorias sobre o terreo.
E completan con Darío Adanti e Silvia Sparks que celebran o décimo aniversario da revista 'Mongolia'. (Fotografía. Carne Cruda)