
Carne Cruda #439
Xov | 10:00 | 11:03
O sistema xudicial está en crise. Así o denuncian Ignacio Escolar (director de eldiario.es) e Joaquim Bosch en El secuestro de la justicia, unha análise da xustiza nunha escalada sen precedentes de inxerencias políticas que se concentran na cúpula e son especialmente perigosas nos casos de corrupción.
Ao espertar para ir ao colexio no primeiro día tras as vacacións de verán, Marty atopou mortos aos seus pais. Tiña entón 17 anos, os mesmos que pasou no cárcere condenado como autor dos asasinatos. 'Desde la capital del imperio', Carlos Pérez Cruznos trae unha historia que contén todos os elementos dun best- seller: asasinatos, corrupción policial, herdanzas familiares, fuxidas, matóns... Pero, sobre todo, é a historia dunha terrible inxustiza.