
Carne Cruda #642
Xov | 10:00 | 11:15
A alarma provocada polo Coronavirus fai mirar a Carne Cruda ao sistema de saúde pública. Javier Padilla é médico de familia, foi asesor político de En Comú Podemos e é activista en defensa dunha sanidade xusta, idea sobre a que reflexiona no seu ensaio “¿A quién vamos a dejar morir? Sanidad pública, crisis y la importancia de lo político”. Publicado por Capitán Swing, esta alegación pola defensa da saúde da sociedade, analiza sobre como xestionala para facela universal, xusta, inclusiva e eficiente. Tamén entrevistan a María Neira, directora de Saúde Pública da Organización Mundial da Saúde.
Climática informa sobre o estado de saúde do planeta. Rozalén recomenda Arte Muhe e Carlos Pérez Cruz envía a crónica desde Washington cando se pecha do jucio que arrincou co Me Too: o produtor de cinema Harvey Weinstein foi condenado por 2 dos 5 delitos sexuais dos que lle acusaban.