Carne Cruda #293
Mér | 10:00 | 11:29
Rajoy irá declarar á Audiencia Nacional como testemuña polo caso Gürtel. O tribunal do caso acepta a petición da acusación popular despois de rexeitala en dúas ocasións. Entrevistamos o avogado Mariano Benítez de Lugo, presidente honorario de ADADE (Asociación de Avogados Demócratas por Europa), organización representante da acusación popular e que xa pediu a comparecencia do presidente o pasado 31 de marzo.
Novo menú para este mércores dedicado á carne que comemos. Coñecemos o custo que ten para a nosa saúde e a nosa economía a gandería industrial. Falamos con Philip Lymbery, autor de La carne que comemos, director executivo da organización internacional líder no benestar dos animais de granxa, Compassion in World Farming.
En todo o mundo se crían uns 70.000 millóns de animais de granxa cada ano, dous terzos viven en granxas industriais, sen espazo e tratados como máquinas de produción. A comida que se lles fornece supón un terzo dos cerales producidos no mundo, o 90% da fariña de soia e o 30% das capturas pesqueiras.
Ademais completamos o menú coa entrevista aos grupos Ogun Afrobeat e Los Saxos del Averno. Dous grupacos que nos enchen a carnicería de ritmos trepidantes.