
Carne Cruda #260
Mar | 10:00 | 11:15
Dúas mortes diarias no traballo. Máis de 500 o ano pasado. Uns datos dos que poucas veces se fala. Esas son as cifras de sinistralidade laboral. No período xaneiro-outubro de 2016, -os últimos datos dispoñibles no Ministerio de Emprego e Seguridade Social-, producíronse un total de 464.086 accidentes de traballo con baixa, un 7,1% máis que no mesmo período do 2015. Para coñecer mellor estas cifras falaremos con expertos como Pedro J. Linares, secretario de Saúde Laboral e Medio Ambiente de CCOO e persoas que sufriron accidentes laborais.
Ademais volve a sección "Yo Ibextigo". Falaremos de Gas Natural Fenosa agora que as facturas da luz soben descontroladas. Das súas relacións co poder e como nos afecta ao noso peto falaremos nesta sección en colaboración coa Marea. Para completar o primeiro programa da semana con "O Caso Illado da Semana". Nesta ocasión falaremos de "Jaume Matas, ex ministro, ex presidente autonómico e ex dono da mellor escobilla de baño que coñeceu o mundo".