
Carne Cruda #535
Mér | 10:00 | 11:26
Hai medio século Alfredo Landa pronunciou na gran pantalla unha frase que se converteu nun mantra do cinema español: “Que veñen as suecas!”. Despois de tantos anos de tópicos, Ingrid García- Jonnson, a actriz hispano-sueca está a tomarse o desquite. A actriz nomeada ao Goya está de sorte: este ano estrea catro películas e unha serie. Tamén fala en Carne Cruda da súa próxima estrea, 'La pequeña Suíza', de Kepa Sojo.
Todas esas comedias do landismo, pero tamén o maior fondo dixital de películas españolas están en Flixolé, a plataforma que está a plantar cara a Netflix e HBO a base de "cinema de barrio", e sobre a que falan cun dos seus responsables.
Ademais, prestan atención a Play- Doc, un festival de documentais que ten lugar en Tui e que trae títulos inéditos no noso país sobre o fotógrafo Bruce Weber ou a esquiva estrela de Hollywood Sterling Hayden. E por último, abordan outro tema de calado: acabouse a era do bocadillo nas rodaxes? Chefs, cáterings e food trucks están a cambiar os menús do cinema español cunha oferta gastronómica que podería entrar nas mellores guías.
Isa Calderón volve coa súa Obsesión Continua para falar do seu e de 'Dolor y Gloria', a última peli de Almódovar.