Carne Cruda #688
Xov | 10:00 | 11:48
Que hai detrás dalgunhas residencias, a chamada zona cero da pandemia? Análise con Manuel Rico, director de Investigación de InfoLibre, e con Rosa Castizo, do Proxecto Somos Memoria. Ademais, familiares de internos e a Marea de Residencias, que impulsa unha querela criminal de 30 familias contra algunhas das residencias con máis vítimas na Comunidad de Madrid. Coa gerontóloga Ana Urrutia Beaskoa sobre o modelo de coidados ao que se debería aspirar tras esta crise.
Na chamada de actualidade, Ignacio Escolar, director de eldiario.es, fala sobre os apartamentos de luxo propiedade do empresario Kike Sarasola onde vive a presidenta da Comunidad de Madrid, Isabel Díaz Ayuso. E falan con traballadoras das subcontratas de limpeza de Room Mate, a empresa de Sarasola, sobre as condicións de traballo nos hoteis medicalizados da rexión. De sobremesa, Variedades Azafrán en “Tocad, malditas”.