
Carne Cruda #384
Xov | 10:00 | 11:05
Iso di Sergio Pérez Acebrón, doutor en bioquímica que nos explica por que. Falamos dunha enfermidade que parece que dá medo nomear, en prensa adoitamos ver “morreu tras unha longa e penosa enfermidade”. Parece que nos asusta ata nomealo: cancro.
Tamén contamos con Manuel Collado, responsable do Laboratorio de Células Nai en Cancro e Envellecemento do IDIS-CHUS para a falar da relación entre a vellez e a enfermidade, e dos axentes externos e xenéticos que inflúen.
Para ver como se afronta falamos con María Arranz que loita contra o cancro de mama e Lucy, unha oínte que se enfronta á metástase: "Menos lazos rosas e máis financiamento".
O programa complétase cun novo "Otra película de la Guerra Civil ”, no que coñecemos quen está detrás da conta de Twitter, @guerra_civil_ .