
Carne Cruda 04out2022
Mar | 10:00 | 11:00
Análise dos resultados electorais deste pasado domingo en Brasil, cando Lula da Silva gañou en primeira volta co 48,43% da votación e Bolsonaro quedaba co 43,2%. Unha vitoria insuficiente para gobernar que leva a unha segunda volta a finais de outubro. Falan con Oliver Kornblihtt, fotógrafo brasileiro e editor do medio colaborativo Midia Ninja; coa xornalista Paula López Barba; con Anna Ayuso investigadora senior para América Latina en CIDOB e coa xurista María Dantas, deputada de Esquerra Republicana no Congreso dos Deputados e activista brasileira. Imaxe: Carne Cruda