
Carne Cruda #458
Mar | 10:00 | 11:06
Despois de contar as súas andanzas por Barcelona en 'La vida cotidiana del dibujante underground', Nazario presenta 'Sevilla y la Casita de las Pirañas', un interesante percorrido onde aborda con tenrura e sen andrómenas os seus primeiros escarceos sexuais en Sevilla, Torremolinos ou Morón de la Frontera. En pleno franquismo crúzanse nas súas aventuras gardas civís e curas, drogas, copla e flamenco, comunas gais e hippies nun libro que conta os inicios sexuais e artísticos e dun dos debuxantes de cómic máis transgresores e libres deste país.
Ademais estreamos dúas seccións para a décima tempada: Amy e Whitney, a nova serie do creador de Kurt & Courtney, Paco Tomás. E Notas de campo, apuntamentos desde o rural da poeta e veterinaria María Sánchez.