Carne Cruda #222
Mér | 10:00 | 11:27
Na chamada de actualidade desta semana conectaremos co líder de IU Alberto Garzón para falar da convocatoria Rodea o Congreso para o día da investidura. Volve Natalia Zelmanovitch cunha nova ración de A Ciencias y a locas na que nos falará das matemáticas, a beleza dos números, a súa dimensión emocional e a súa parte lúdica.
Para iso contaremos cos matemáticos e divulgadores máis divertidos do panorama como José Ángel Murcia Carrión profesor e autor do blogue Tocamates que recibiu o premio Bitácoras.com en 2012 na categoría "Mellor blogue de educación", Santiago García Cremades, matemático que busca unha solución ao alzheimer a través dos números, Esteban Sáenz Cabezón fundador de The Big Van Theory, grupo de monologuistas que difunden a ciencia como titiriteros e Clara Grima, doutora en Matemáticas, divulgadora en programas como Órbita Laika e autora de libros como Hasta el infinito y más allá.