![A playlist de...#49: Antón Prieto](/radio/cache/scene/uploads/radio_emisions/foto/9b1/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSzUqrKz891Lsov0DE1Nd_/_UxNjZWsq4FAA==_/58e79113a4-20170406-patxot-anton-playlist-radio-061.jpg)
A playlist de...#49: Antón Prieto
Ven | 21:00 | 22:59
As súas orixes familiares están en Ortigueira, aínda que para cando Antón Prieto Méndez naceu, os seus pais xa vivían na Coruña. A Asociación da Prensa da cidade herculina algo de responsabilidade tivo no seu futuro como xornalista. Podes estar a falar co Antón nacionalista, co Antón familiar, co golfo, co inconformista, co irmán, co tío, co comunicador... ten moitos perfís - ademais dos de Facebook-, pero todos conforman ao mesmo, e sen todos eles, non sería el.