![A playlist de...#27: María Biempica](/radio/cache/scene/uploads/radio_emisions/foto/14b/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSzUqrKz891Lsov0DE1Nd_/_UxNjZWsq4FAA==_/58136a0b4e-20161027-patxot-playlist-maria-biempica-radio-018.jpg)
A playlist de...#27: María Biempica
Ven | 21:00 | 22:15
A María Biempica tocoulle ser a "irmá do medio"; a terceira de cinco irmáns. E nese equilibrio, o mesmo seguía aos maiores, que se coaba cos pequenos. O "Xuntos" de Paloma San Basilio, resulta ser un himno familiar; e ten uns gustos musicais moi eclécticos. Estudou Dereito, porque quixo, aínda que fose a ilusión do seu pai; pero a vea artística chamáballe para ser actriz. E ollo! con María, nunca se sabe. Sucou ondas polo mundo, grazas á súa afección ao surf; aínda que o mesmo pódela ver sucando beirarrúas en skate, en compañía dos seus dous fillos.