![A playlist de ...#32: Andrés Díaz](/radio/cache/scene/uploads/radio_emisions/foto/ee3/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSzUqrKz891Lsov0DE1Nd_/_UxNjZWsq4FAA==_/584143e6e8-20161201-patxot-playlist-andres-diaz-sobral-026.jpg)
A playlist de ...#32: Andrés Díaz
Ven | 21:00 | 22:17
Que fose se aquela caldelana, veciña dun andaluz emigrado a Alemaña, non lle ensinase unha fotografía na que aparecía a que logo foi a súa muller? Complexo de entender? Pois un dos tres fillos do matrimonio cóntao nesta Playlist. Andrés Díaz Sobral, actual alcalde de Pontecaldelas, pasou practicamente a súa infancia e adolecencia en Vigo. O seu pai traballaba en Citröen, e alí entrou el como mecánico industrial. Con 17 anos, fíxose voluntario do Exército, e conserva o diploma que lle acredita como o soldado da ONU máis jóven en zona de guerra. Con 20 anos casou e aos 21 tivo ao seu primeiro fillo, ao que viu por primeira vez, por certo, grazas a unha sorpresa televisiva.