A playlist de...#22: o demo
Ven | 21:00 | 22:12
Aínda que hai escasos días percorría Pontevedra facendo trasnadas, ou ben sufríndoas, Xosé Manuel Esperante, pouco ou nada ten de diaño. Salvo que o papel para interpretar requírao, claro. É licenciado en Historia, e aínda que a súa vocación universitaria inicial era a arqueoloxía ó a historia antiga, entrou na súa vida o teatro. Do ámbito amateur pasou ao profesional e fixo televisión, cinema e por suposto teatro. Boirense de nacemento, leva ao redor dunha década fincado en Pontevedra. Actualmente participa de varios proxectos, un deles, cos que seguen recibindo premios, "Lupo" con Baobab Teatro. E un consello "do demo": sempre mira o lado positivo da vida.