![A playlist de...#18: Palito](/radio/cache/scene/uploads/radio_emisions/foto/c02/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSzUqrKz891Lsov0DE1Nd_/_UxNjZWsq4FAA==_/579b577ac5-20160728-patxot-playlist-radio-palito-002.jpg)
A playlist de...#18: Palito
Ven | 21:00 | 22:12
Palito é o nome artístico de Alba Redondo. Unha moza pontevedresa cuxo estilo chegaron a definir como "neo anarquismo musical". Fisicamente, e sen intención algunha - afirma - lembra a Patti Smith, outra artista pola que sente admiración. A menor de oito irmáns foi absorviendo o que a súa nai e os seus irmáns maiores escoitaban. O seu primeiro gran tesouro foi un tocadiscos, herdado da súa irmá maior; e o primeiro disco que se comprou - desvela en que circunstancias - sería de Krahe, co que compartiu escenario. Licenciada en Filosofía, é afeccionada ao cinema e a literatura. Tímida ata o extremo, creo que quen verdadeiramente coñecen a Alba Redondo, son aqueles que comparten a súa vida nun recuncho da Ribeira Sacra.