![A playlist de...#36: Telmo Martín](/radio/cache/scene/uploads/radio_emisions/foto/772/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSzUqrKz891Lsov0DE1Nd_/_UxNjZWsq4FAA==_/58541a7501-20161216-patxot-radio-playlist-telmo-martin-042.jpg)
A playlist de...#36: Telmo Martín
Ven | 21:00 | 22:42
Telmo Martín comeza a súa playlist cun tema de 1997 de Matia Bazar e conclúeo con Pavarotti, Carreras e Domingo desexando "Bo nadal". Ademais de coñecer os gustos musicais deste empresario e político, desvélanos varias vivencias que nunca antes fixera públicas. Ten moi presente que aínda que a día de hoxe pode gozar dunha vida acomodada, a súa infancia non responde o tópico de feliz e fácil. Hai tres leccións que aprendeu na universidade da vida: constancia, optimismo e valentía.