A playlist de...#29: Fernando Lafuente Lestón

A playlist de...#29: Fernando Lafuente Lestón

Ven | 21:00 | 22:40

Fernando Lafuente Lestón. Nacido en Samieira. O quinto de seis irmáns. Dividiu a infancia entre Poio e Vigo e con 16 anos marchou ata a capital. En Madrid estudou arquitectura, aínda que non é a única licenciatura que ten. Non é de gardar recordos en caixóns, máis ben na memoria; pero conserva as entradas de tres concertos: Cat Stevens, Jetro Tull e Genesis. No 95 embarcouse na política e desde a súa concellería de Urbanismo en Pontevedra puxo o punto de inflexión (a través do Plan Urban) á transformación do centro histórico. Coñecido é o refrán que sinala que na vida hai que escribir un libro ,- el ten oito poemas-, hai que plantar unha árbore, -afirma que plantou varias-, e hai que ter un fillo, - ten dous-; e segundo a súa biografía hai que engadir outro epígrafe: hai que facerse 18 maratóns... Ah! que non se me esqueza: feliz travesía Fernando!, que David Brubeck's te acompañe.

A playlist de...

Venres ás 21.00 horas

Nós propoñemos un invitado; eles e elas fan a súa selección musical

A playlist de...#81 José Freire

Ven | 21:00 | 22:41

José Freire, axente do Corpo Nacional de Policía recentemente xubilado e asesor -na actualidade- do Sindicato Nacional de Policía (SUP).

Descargar
A playlist de...#81 José Freire
Fechar