![A playlist de... #157: Tanxugueiras](/radio/cache/scene/uploads/radio_emisions/foto/21d/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSzUqrKz891Lsov0DE1Nd_/_UxNjZWsq4FAA==_/5ddc1bd3ec-tanxugueiras-listado.jpg)
A playlist de... #157: Tanxugueiras
Ven | 21:00 | 22:02
Tanxugueiras son un trío bravo que fai música folk. Aida Tarrío, Sabela e Olaia Maneiro. Comezaron a finais de 2015, "naceu con empoderamento e morrerá con empoderamento". 'Contrapunto' é o seu segundo traballo. É un yin e un yang; un ben e un mal; un día e unha noite. Polos opostos e presentes un e outro. Amores sinceros e amores tóxicos; amizades e traizóns; liberdade e opresión; sometemento e empoderamento. E ademais, empeza e termina forte. Este sábado 30 de novembro participan no Culturgal de Pontevedra.