![A playlist de...#147: Mekánika Rolling Band](/radio/cache/scene/uploads/radio_emisions/foto/7a0/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSzUqrKz891Lsov0DE1Nd_/_UxNjZWsq4FAA==_/5d49b92edb-20190806-patxot-playlist-charanga-mekanica-0362.jpg)
A playlist de...#147: Mekánika Rolling Band
Ven | 21:00 | 22:19
Pontevedra entra na última fin de semana das festas da Peregrina, uns días nos que a animación das charangas estivo latente nas rúas da cidade. Unha delas foi Mekánika Rolling Band. Non é unha charanga ao uso. Teñen a súa propia idiosincrasia que comeza, transcorre e termina no bo rolo. Contamos con Aitor García, o teclista e cantante, ademais de ser o pontevedrés do grupo; e con Adrián Trillo, o saxofonista e oriúndo de Negreira.