![A playlist de...#11: Marga Caldas](/radio/cache/scene/uploads/radio_emisions/foto/0ce/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSzUqrKz891Lsov0DE1Nd_/_UxNjZWsq4FAA==_/575a75dbef-20160609-patxot-marga-caldas-radio-007.jpg)
A playlist de...#11: Marga Caldas
Ven | 21:00 | 22:09
Marga Caldas utiliza dous complementos a diario: pintalabios vermello e un sincero sorriso. Aínda que afirma ter moi mala memoria para lembrar datas, trae perfectamente estruturada no tempo o seu playlist. Traballou e estudou carreira universitaria ao mesmo tempo, o cal, cóntanos, serviulle para madurar antes. Coa catástrofe ambiental do Prestige, chegoulle o momento de compromiso activo, entrou a formar parte de Galiza Nova, e un tempo despois Nito Sobral chamaríaa para formar parte do seu equipo de Goberno en Poio. Levou a área de Festexos e actualmente continúa como concelleira de Deportes e Educación no seu municipio natal.