A playlist de...#25: Anxos Riveiro

A playlist de...#25: Anxos Riveiro

Ven | 21:00 | 22:21

Cando Anxos Riveiro tomou posesión por primeira vez da súa acta de concelleira en Pontevedra, resultou ser a edil máis nova de España. É a maior de catro irmáns e nótase que exerceu ese "título". En canto os títulos profesionais, comezou Dereito, pero deixou a toga polas Relacións Laborais. A radio acompañou a súa infancia, e nas súas noites en vela coñeceu a voz de grandes como Otis Redding, Aretha Franklin ou Nina Simone. Pero que ninguén se chame a engano, é "cañera" musicalmente falando. Seguro que ese ritmo tamén lle acompaña na súa forza vital: "o futuro?, sexa onde sexa, con esforzo, seguro que se sae adiante". Así que como dirían na saga fílmica: "que a forza te acompañe".

A playlist de...

Venres ás 21.00 horas

Nós propoñemos un invitado; eles e elas fan a súa selección musical

A playlist de...#81 José Freire

Ven | 21:00 | 22:41

José Freire, axente do Corpo Nacional de Policía recentemente xubilado e asesor -na actualidade- do Sindicato Nacional de Policía (SUP).

Descargar
A playlist de...#81 José Freire
Fechar